A polémica preside a elección do presidente da Fundación do Museo do Tren de Monforte

As voltas do tren

O Conselleiro de e Política Territorial, Alberto Núñez Feijoo substituirá ao alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, á fronte da Fundación dos Ferrocarrís de Galicia. Unha polémica xuntanza do padroado desta entidade decidiu o pasado martes esta mudanza, contravindo, segundo o rexedor monfortino, o disposto nos estatutos. Na mesma xuntanza o presidente da Deputación de Ourense, Xosé Luís Baltar, ofreceuse a acoller na Cidade das Burgas o futuro Museo do Ferrocarril no caso de se daren problemas para realizar o proxecto en Monforte tal e como estaba previsto.


Máis información nas edicións de El Progreso do 31 de decembro e de hoxe; web da Fundación