Xosé Lois Foxo disolve a Fundación Real Banda de Gaitas que creou hai dous meses

A Deputación ábrelle ao director da formación un expediente informativo

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Escasos dous meses. Ese é o tempo que durou a Fundación Real Banda de Gaitas creada por Xosé Luís Foxo para preservar o seu traballo personal feito a prol desta entidade que financia a Deputación de Ourense. Tal e como publica o xornal La Región, é o propio Foxo quen deu de baixa esta fundación o pasado mércores. Polo medio houbo unha xuntanza de Foxo co presidente da Deputación, Manuel Baltar Blanco, acontecida tras un pleno no que se debateu sobre a creación desta entidade. Segundo este mesmo xornal, abriuse un expediente informativo a Foxo debido a que o nome e o financiamento desta entidade son propiedade da administración provincial.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Anuario da Gaita 39

Quiosco: Anuario da Gaita 39

Xa está na rede e inclúe unha investigación sobre a gaita romanesa e correspondencia entre gaiteiros ancareses

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Baltar, La Región, Deputación de Ourense

Claves

Protagonistas
Lugares