O presidente da Xunta anuncia a creación dun Museo da Gaita na Cidade da Cultura

As gaitas e a cidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Logo dun encontro con Xosé Luís Foxo Foxo, director da Real Banda de Gaitas de Deputación de Ourense, o presidente da Xunta, Manuel Fraga, manifestou o seu interese en que a Cidade da Cultura inclúa un Museo da Gaita. Neste encontro, Foxo entregoulle a Fraga un exemplar da sexta edición do seu libro “Os segredos da gaita” e falaron das posibilidades de concretar un centro dedicado a este instrumento en Compostela. Mentres, o arquitecto Gallego Jorreto apuntou nunha conferencia celebrada onte na Coruña que lamenta que non houbese un debate previo sobre a construción da Cidade da Cultura.

Máis información en Galicia Hoxe e en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Anuario da Gaita 39

Quiosco: Anuario da Gaita 39

Xa está na rede e inclúe unha investigación sobre a gaita romanesa e correspondencia entre gaiteiros ancareses

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galicia Hoxe, Manuel Fraga, Deputación de Ourense, A Coruña...