Quiosco: Anuario da Gaita 34

A Escola de Gaitas da Deputación de Ourense pon na rede a última entrega da súa publicación

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
Quiosco: Anuario da Gaita 34

O número 34 do Anuario da Gaita, que publica a Escola de Gaitas da Deputación de Ourense está xa na rede. O director da banda, Xosé Luís Foxo, presentaba este 15 de outubro a publicación dun cento de páxinas e que corresponde ao ano 2019. Canda a un repaso da actividade da propia Escola de Gaitas, a publicación recolle artigos sobre diferentes cuestións, como as semellanzas na música e nas tradicións de Galicia e Portugal da man de Mário Correia, un repaso da evolución do ensino da gaita no noso país a cargo do propio Foxo ou unha análise da idea de Música Celta por Fernando Molpeceres entre outros temas, como a representacións dos gaiteiros nos monumentos galegos. A obra está dispoñible para libre descarga no web da Deputación.

Que che parece esta nova?
83 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Anuario da Gaita 39

Quiosco: Anuario da Gaita 39

Xa está na rede e inclúe unha investigación sobre a gaita romanesa e correspondencia entre gaiteiros ancareses

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación de Ourense, Celta, Ensino, Portugal