Quiosco: Anuario da Gaita 39

Xa está na rede e inclúe unha investigación sobre a gaita romanesa e correspondencia entre gaiteiros ancareses

| Santiago. Redacción | Seccións: QuioscoMúsicaPatrimonio
Compartir:
Quiosco: Anuario da Gaita 39

O Pazo Provincial da Deputación de Ourense acolleu o pasado día 30 a presentación do Anuario da Gaita 2024 (Nº 39), unha publicación editada pola Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense que continúa o seu labor de divulgación e salvagarda do patrimonio musical. No acto participaron o vicepresidente da Deputación de Ourense, César Fernández; o director da Escola Provincial de Gaitas, Xosé Lois Foxo, así como o investigador do Principado de Asturias, Daniel García de la Cuesta. Xosé Lois Foxo debullou os contidos desta 39ª edición, que inclúe artigos sobre a iconografía da gaita en Lugo, estudos sobre a gaita romanesa (Cimpoi), e correspondencia inédita entre gaiteiros ancareses. Esta entrega do Anuario da Gaita recolle, entre outros temas: investigacións sobre a gaita en Romanía por Fritz Schneider; crónicas do XV Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas; unha homenaxe aos 40 anos da Escola e Real Banda de Gaitas ao servizo da provincia de Ourense; e recensións sobre novidades editoriais e audiovisuais do ámbito tradicional do ano 2024. Arevista xa está disponible para descarga (pdf) desde o web da Deputación provincial de Ourense.

Que che parece esta nova?
309 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación de Ourense, Deputación Provincial, Romanía, Asturias...