O proxecto do Museo do Ferrocarril de Galicia en Monforte vén de recibir un novo impulso coa aprobación, onte, dos estatutos da fundación que rexerá o seu funcionamento. O museo estará situado nas antigas instalacións de Renfe na vila e contará cunha ampla mostra de material ferroviario.
En restauración
Hai xa dous meses que se puxo en marcha un obradoiro de restauración de máquinas e de coches de viaxeiros con fondos da Xunta. O material xa cedido pola Dirección de Xestión de Fondos e de Museos Ferroviarios ten un valor de 88 millóns de pesetas, e inclúe unha locomotora Mikado 141-F-2111, un automotor 593 e dúas máquinas diésel da serie 1800. Os traballos de restauración van a bo ritmo e actualmente estase procedendo á reparación da caldeira da Mikado e á limpeza da carrocerÃa dunha das máquinas diésel. A restauración estase desenvolvendo na nave de reparación de Renfe, alugada polo concello para este fin.
Institucións Implicadas
No proxecto do Museo do Ferrocarril están implicados o Concello de Monforte, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e a Federación Galega de Asociación de Amigos do Ferrocarril. Todas as institucións e colectivos estarán representados na fundación que se vén de crear, que estará dirixida na súa primeira etapa por Luis Blanco, principla artÃfice do proxecto e membro da corporación local de Monforte. Nos estatutos da Fundación aprobados onte inclúese unha claúsula que contempla que os fondos cedidos por Renfe fiquen en poder do Concello no caso de que o proxecto do museo no vaia adiante. Ademais od Museio, prevese que coa maquinaria que se está a restaurar se poña en marcha un tren turÃstico denominado Galaico Expreso.