Orgullo Galego pon na rede as súas V Xornadas de Entroido

Os vídeos tratan de festividades como as de Ons, Malpica, Ribadetea ou A Fonsagrada, entre outras localidades

| Santiago. Redacción | Seccións: patrimonioEntroido
Compartir:
Orgullo Galego pon na rede as súas V Xornadas de Entroido

Xa están dispoñibles en diferentes plataformas de pódcast e vídeo en liña os contidos das V Xornadas do Entroido que organiza a iniciativa Orgullo Galego. Como é habitual, as gravacións recollen entrevistas de representantes de diferentes entroidos tradicionais do país canda a análises sobre esta celebración.

En concreto, neste ano a iniciativa dá conta das Mascaradas do Val do Támega e adxacentes da man de Nieves Amado, mentres Xosé Manuel Dopazo fala da súa investigación sobre o recuperado Entroido da Illa de Ons e Laura Prieto amosa a súa curtametraxe audiovisual a repasar o Entroido de Camba, en Laza. 

 

A estes súmanse contidos sobre o Antroido de Cerqueda, en Malpica, o de Ribadetea en Ponteareas e o da Fonsagrada da man de representantes destas festividades. As xornadas féchanse cunha conversa con Roberto de la Torre sobre o papel dos fotógrafos na tradición. 

 

Segundo explica Borxa González, responsable do proxecto, "o Obxectivo destas xornadas é coñecer o significado e o valor cultural e antropolóxico destes entroidos e en xeral do Entroido, un dos maiores fenómenos culturais da nosa cultura". 

Que che parece esta nova?
251 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Entroido, Fonsagrada, Malpica, Manuel Dopazo...