Orgullo Galego presenta unhas xornadas en liña para visibilizar os entroidos

Cinco sesións darán a coñecer sete destas festas tradicionais entre o 16 e o 20 de febreiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:
Orgullo Galego presenta unhas xornadas en liña para visibilizar os entroidos

Entroidos de Laza, Vigo, Samede, Vilariño de Conso, Viana do Bolo, Manzaneda e Santiago de Arriba danse cita nas xornadas online Os entroidos da Galiza. A plataforma Orgullo Galego presenta esta iniciativa para "contribuír á visibilización do noso Antroido nun ano no que non vai ser posíbel desfrutalo tal e como o entendemos" e con vocación de continuar o proxecto en vindeiros anos se contan cun seguimento axeitado.

Entre o 16 e o 20 de febreiro conversas diarias ás 20:45 permitirán a representantes destas festas falar do xeito no que se viven nas súas localidades e presentar as súas respectivas máscaras. Na primeira das sesións agrúpanse os entroidos de Vilariño, Manzaneda e Vaiana como Entroidos do Macizo Central. As conversas poderán seguirse nas canles de Youtube e Twitch de Orgullo Galego.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manzaneda, Laza, Vigo

Claves