Un paseo a pé polo tempo de Lamas Carvajal

O CCG publica un roteiro por Ourense a través da vida do poeta e xornalista

9/2/2026 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura

Patio do Liceo de Ourense

O sábado pasado celebráronse os 150 anos da publicación de O tío Marcos d'a Portela, a primeira publicación periódica en galego. Foi idea, e de notable éxito, do xornalista e poeta Valentín Lamas Carvajal. Para celebralo, o grupo de institucións reunidas para celebrar o aniversario ofreceron un roteiro a pé conducido por Afonso Vázquez-Monxardín coa colaboración de Ana Malingre. Publicamos na nosa área Roteiros o itinerario completo para que poidas facer por ti mesmo ese itinerario. 

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións
Compartir:

A ruta presta atención á dimensión xornalística e editorial de Lamas Carvajal, visitando as imprentas e sedes onde se publicou a súa obra e cabeceiras fundamentais como O Tío Marcos d’a Portela, Heraldo Gallego ou La Región. Destacan puntos como a Imprenta de Pazos, precedente do rexurdimento literario galego, a Imprenta Galaica de Colón 16, ou a casa da rúa de Alba 15, residencia vital do autor e centro de redacción e impresión da súa obra desde 1883. O percorrido complétase con espazos de memoria e homenaxe como o Xardín do Posío, un dos lugares preferidos de Lamas Carvajal. 


Para saber máis

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lamas, Ourense, Valentín Lamas Carvajal, Rexurdimento...