Faraldo: as rúas que marcaron unha vida e unha revolución

O itinerario pecha os douscentos anos do nacemento do xornalista

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Retrato de Faraldo a cargo de Francisco Sobrino.

Retrato de Faraldo a cargo de Francisco Sobrino.

Está a piques de se pechar 2022 e con el o douscentos aniversario de Antolín Faraldo, o xornalista e escritor que Manuel Murguía considerou precursor do Rexurdimento e secretario da xunta que guiaría a coñecida como Revolución de 1846, un dos acontecementos do tumultuoso século XIX que o rexurdimento consideraría como antecedente do espertar da conciencia política de Galicia. Xurxo Martínez González, doutor en Filoloxía Galeega e especialista no periodo do Rexurdimento, é o autor do roteiro "Faraldo, alma e mente da revolución de 1846" publicado hoxe nos nosos Roteiros. O itinerario, centrado no casco histórico compostelán, permítenos coñecer os espazos vitais e intelectuais do xornalista, protagonista intelectual e material do alzamento e do seu goberno. Deste xeito, coñecemos os espazos do seu nacemento, os cafés nos que participou do debate político, a Academia Literaria na que participou con outros axitados universitarios composteláns ou a sede do goberno revolucionario que comandou a revolta de 1846, entre outros moitos contidos.

Que che parece esta nova?
112 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rexurdimento, Xurxo Martínez González, Manuel Murguía