A Fundación MOP e o CGAC entre o máis destacado da cultura estatal

A Fundación Contemporánea recolle as dúas iniciativas no seu informe Lo mejor de la cultura

30/1/2026 | Santiago. Redacción | Seccións: politicas culturaissociedadearte
143 lecturas | Compartido 2 veces

A Fundación Contemporánea ven de presentar no Palacio de Festivais de Cantabria, en Santander, o informe anual 'Lo Mejor de la Cultura 2025', unha referencia que cada ano retrata proxectos e institucións de todo o territorio elaborando varios listados temáticos e territoriais. O estudio baseado nas opinións de 443 panelistas de toda España a través de enquisas recolle aqueles proxectos culturais máis destacados do ano, a nivel nacional e autonómico. Como cada ano fixámonos nas presencias do noso país nestas listas para saber que é o que destacan os profesionais do sector. As listas amosan diferentes posicións segundo se a valoración é nacional ou autonómica, xa que para esta última só contan as opinións dos consultados de cada comunidade. Esa característica das valoracións é a que explica que, se ben a lista do máis destacado de Galicia en 2025 está encabezada polo Centro Galego de Arte Contemporánea que por ese motivo é sinalado como 'Insignia Cultural de Galicia', na lista a nivel estatal a primeira referencia de Galicia que aparece é a da Fundación MOP, no posto 26 dos 110 que hai, mentres que o CGAC ocupa o posto 56.
Aínda así a aparición do CGAC nesa posición ven de sinalar un cambio, xa que ,desde hai anos, o que aparecía como 'Insignia Cultura' repetidamente era a Cidade da Cultura da Galicia. Neste informe, a nivel galego, as tres primeiras posicións veñen a ser ocupadas por tres estamentos directamente vencellados á Xunta de Galicia: CGAC, Cidade da Cultura e Centro Dramático Galego - CDG, por esta orde. No caso do CDG ten que compartir ese terceiro posto, por razóns de empate co Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo, o festiva Sinsal de San Simón e a recuperada Bienal de Arte de Pontevedra. No caso destes dous últimos proxectos, trátase xustamente dos que completan a presenza da cultura de Galicia na lista dos 110 máis destacados a nivel estatal (xunto coa Fundación MOP e CGAC). Así o festival Sinsal ocupa o posto 71 da listaxe estatal, mentres que a Bienal de Pontevedra aparece no 85º lugar da mesma. A fundación de Marta Ortega sitúase no sétimo posto das valoracións a nivel autonómico.

Perspectivas diversas

O informe anual inclúe varios apartados de valoración sobre os que foron preguntados os suxeitos enquisados e que responden a perspectivas moi diversas sobre a cultura, tanto polo seu carácter como pola súa situacións. Na listaxe de destaques dos proxectos novos do 2025 son cinco as propostas de todo o Estado que saen sinaladas, e delas dúas corresponden coa actividade cultural galega, a renovada Bienal de Arte de Pontevedra e o a primeira edición dos Premios da Industria Musical Galega, convocados pola Asociación Galega de Empresas Musicais - AGEM. Un achegamento diferente consiste na valoracións de proxectos de impacto desde o punto de vista da cultura dixital o que consegue inserir no listado estatal á Cidade da Cultura de Galicia pola súa aposta nese sentido e tamén o proxecto Galiciana, repositorio dixital da cultura galega. Pola súa banda tanto o Festival Sinsal como o Festivald e la Luz de Boimorto entrar na lista española nos destaques por compromiso social.

Mención aparte merece o listado de valoracións que no informe incide sobre a situación dos proxectos culturais nas contornas rurais. A importancia de achegar a cultura máis alá do ámbito urbano a outras zonas de poboación ofrecen un listado no que, a nivel nacional, Galicia acada sempre meritorias representacións. Algunha xa repetidas ao longo dos anos e outras de nova incorporación. O Festival Agrocuir da Ullo; o Festivald e Cans; Festival dos Eidos da Fundación Novoneyra nos Ancares; Festival Baly Gay de música na Mariña lucense e o "refuxio artístico" que supón A Casa Vella, en Amiadoso (Ourense) representan a puxanza deste proxectos no noso país dentro deste informe do Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego