Na listaxe que cada ano elabora o Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea, baseada neste ano nas valoracións de 358 profesionais do sector cultural, ningunha das ofertas culturais da comunidade galega aparece entre as 82 que se destacan a nivel estatal. O CGAC, que estivo presente en anteriores anos, caeu nesta ocasión da lista.
O exhaustivo do traballo permite que si exista unha valoración das ofertas culturais por cada comunidade autónoma e tamén unha lista de puntuacións entre as propias autonomías que mide a calidade e innovación da súa oferta cultural en 2021. Nese caso Galicia consegue avanzar un posto respecto á anterior edición do Observatorio (en 2020), aparecendo no posto oitavo, entre Cantabria (7) e Navarra (9). O mesmo tipo de valoración a nivel das cidades de toda España inclúe, nunha lista de 36, a tres cidades galegas. Nesa listaxe a capital, Santiago de Compostela, acada o mellor posto colocándose na 14ª posición do Estado. A Coruña está no posto 16 e hai que baixara ata o 26º lugar da táboa para atopar a Vigo nela. Estas posicións supoñen unha baixada de tres postos de Santiago nas valoracións e unha subida de sete postos da cidade olívica, respecto á anterior edición deste Observatorio.
Dado que as valoracións inclúen nos seus cuestionarios ao panel de profesionais preguntas sobre as comunidades ás que pertencen, o informe ofrece tamén unha listaxe de "Insignias culturais" nas que aparece unha institución que destaca en cada unha delas. Mentres que o listado nacional baséase na opinión dos panelistas de toda España, o listado de cada comunidade representa a opinión dos profesionais desa comunidade exclusivamente. No caso de Galicia é o Teatro Rosalía de Castro da Coruña o que este ano aparece como máis valorado da nosa oferta cultural, segundo as valoracións dos profesionais galegos recollidas pola Fundación Contemporánea. A institución municipal coruñesa de artes escénicas colle así o posto que ata agora tiña o Centro Galego de Arte Contemporánea, CGAC, como o máis relevante da oferta galega do ano. O recinto coruñés aparece seguido pola Cidade da Cultura e o festival Cineuropa (sube 7), o CGAC e o Festival de Cans. A lista complétase ata aparecer 16 representacións da nosa cultura este ano. Delas, 7 están situadas na capital galega, tres na Coruña (Teatro Rosalía, (S8) Mostra de Cinema Periférico e Resis. Festival de Música Contemporánea), unha en Pontevedra (Culturgal) e outra entre Ourense e Allariz (Corpo(a)terra. Festival de Danza e Artes do Corpo). Ademais desta listaxe o informe ofrece unha dos mellores proxectos culturais desenvolvidos en contornos rurais, nela atópase o Festival de Cans (O Porriño) como única referencia galega.