A Fundación Contemporánea ven de presentar os resultados da súa consulta anual correspondente ao 2020. Baseándose nas contestacións de 472 profesionais da cultura estatal dos que un 51% traballan nunha organización cultural pública, un 36,5% nunha organización cultural privada e o 12,6% como profesionais independentes do sector dentro de calquera rama da cultura. A tradicional clasificación da oferta estatal e de que cada comunidade que fai o Observatorio da Fundación respecto das institucións e eventos a destacar na cultura do 2020 a nivel estatal volve repetir coa única inclusión galega do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) no posto 66 da lista de 85 (o mesmo que en 2019) figurando coma unha das dez opcións escollidas polo 1,2% dos participantes da enquisa. Pola contra na clasificación efectuada a nivel comunitario, na que contan só as enquisas dos participantes de cada Comunidade Autónoma, é a Cidade da Cultura de Galicia a que encabeza a lista de 12 propostas culturais destacadas no 2020. Ese posto outórgalle a categoría de Insignia Cultural 2020 de Galicia á Cidade da Cultura, en variación coa clasificación do pasado ano no que ese posto o ocupaba feira Culturgal, que agora pasa ao segundo posto.
Na clasificación galega que ofrece neste 2020 o Observatorio da Fundación Contemporánea grazas á participación dos axentes culturais da comunidade están aparecen tamén, en orde de relevancia, o CGAC, Teatro Rosalía de Castro de Coruña, (S8) Mostra de Cinema Periférico, Festival de Cans e Curtocircuito. Entra este ano na lista coma novidade o Festival de Artes performativas Plataforma, de Santiago e tamén están presentes Cineuropa, Festival Sinsal, Auditorio de Galicia, Corpo (a) Terra, a Real Filharmonía de Galicia, Festival galicreques e Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra pechando a clasificación. Desapareceron da lista respecto ao 2019 o filme O que arde, por motivos obvios, e algunhas citas que este ano non puideron levarse a cabo ou tiveron que facelo con edicións moi testimoniais. É o caso do festival dos Eidos da Fundación Uxío Novoneyra, o festival WOS, Resurrection Fest ou Festival Noroesta de Coruña, por exemplo.