Galicia ocupa o noveno posto por comunidades autónomas en "calidade e innovación da súa programación cultural", segundo o informe anual do Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea, e que elabora un panel de 499 expertos que completaron o cuestionario entre decembro de 2019 e xaneiro de 2020. Por diante se atopan comunidades autónomas como Madrid, PaÃs Vasco, Cataluña, AndalucÃa, Comunidad Valenciana, Castela e León, Cantabria ou Navarra. Segundo o informe, perdeu dúas posicións con respecto ao ano anterior. Este balance faise máis complexo ao observar que dos 89 institucións e acontecementos culturais do ano, o informe só sitúa a unha institución galega, o Centro Galego de Arte Contemporánea, no posto 66, aÃnda que o ano pasado non aparecera ningún. No epÃgrafe no que se sinalan os proxectos "insignia" de cada comunidade autónoma, en Galicia escolleuse o Culturgal. Outros proxectos que se destacan no informe para Galicia son o Teatro RosalÃa de Castro da Coruña, a Cidade da Cultura, Cineuropa ou o filme O que arde