
Por eventos, a nivel galego sorprende a suba na consideración do (S8) Mostra de Cinema Periférico. O evento coruñés ascende nada menos que once postos e se sitúa como o máis destacado da programación galega do pasado ano a desbancar o Culturgal. A fira das industrias culturais fica en segundo lugar empatado co Cineuropa, que repite posto. O Resurrection Fest, no posto 4, e o Festival Noroeste Estrela Galicia, no 5, aparecen como seguintes na clasificación. Resulta rechamante tamén o ascenso dun posto que acadou o Museo de Arte Contemporáneo Naturgy, que ficou oitavo canda á Cidade da Cultura xusto no ano no que se produciu o seu feche. Ningunha das propostas que se realizan no noso paÃs consegue figurar, no entanto, entre as 86 máis destacadas do Estado.

O informe da Fundación Contemporánea realÃzase mediante un cuestionario anual que se remite a máis dun milleiro de especialistas culturais de diferentes ámbitos.