Galicia é a sexta comunidade en calidade e innovación cultural

O Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea salienta que o noso país sube na lista

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Segundo o informe de decembro do Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea, Galicia ocupa o sexto posto a nivel de calidade de innovación da súa programación cultural. O informe, que se elabora en base a consultas a unha serie de especialistas do ámbito cultural, salienta que o noso país ascendeu dous postos na categoría de innovación, aínda que a percepción no campo de calidade baixou (do 20 ao 13% de apoios). Por localidades, destaca Santiago de Compostela, única urbe galega entre as vinte máis valoradas, co posto 16, aínda que baixa 9 posicións desde 2011. É de salientar, no entanto, a ausencia de eventos e institucións galegas na selección de "O mellor do panorama cultural" de 2012.

Segundo salienta La Voz de Galicia, o director da Fundación Contemporánea salientou a importancia da cultura de base na innovación, e apuntou unha menor dependencia das iniciativas institucionais do noso panorama fronte a comunidades do noso contorno.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Contemporánea, Santiago de Compostela, La Voz de Galicia