Galicia perde calidade nas programacións culturais

A Fundación Contemporánea destaca as propostas de Compostela e A Coruña

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

A calidade das programacións culturais galegas baixou durante 2013. Cando menos, así o sinala o informe do Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea, que se elabora a partir das opinións dun grupo de expertos. A nosa comunidade queda no posto 7, cunha valoración dos seus programas que pasou dun 17% dos consultados en 2012 a un 9% no último ano. Mentres, a nivel de innovación queda na sexta posición e pasou dun 13% a un 10%. Por cidades, e segundo recolle Faro de Vigo a cidade Olívica desapareceu este último ano no ranking das cidades con maior programación cultural. Pola contra, entra a Coruña no posto 14, e mantense Compostela, que aumenta a súa puntuación e queda no posto número 11 das urbes estatais.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Contemporánea, A Coruña, Faro de Vigo, Cidade Olívica...