A oferta cultural galega ocupa o sexto posto estatal en calidade e innovación

O informe La Cultura en España 2017 salienta o Culturgal e Cineuropa

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A Fundación Contemporánea daba a coñecer onte os resultados do seu Observatorio da Cultura que recolle os datos correspondentes a 2017. O documento La Cultura en España 2017 indica que Galicia ocupa o sexto lugar entre as comunidades do estado en calidade e innovación da súa oferta cultural. O noso país obtivo un 14,2% de aprovación fronte ao 12% do anterior exercicio. Por cidades, A Coruña sube un posto e fica como número 11 entre as urbes do país, mentres Compostela retrocede 4 lugares e pasa ao 15. Vigo mantense no 21 e é a outra cidade galega presente entre as primeiras 30 máis valoradas neste ámbito.

Na clasificación das 64 mellores institucións e acontecementos culturais do ano non se introduce ningunha representación do noso país. A maiores, un panel de expertos galegos elaborou unha de iniciativas na comunidade que seleccinonou o Culturgal como o máis destacado, a subir un posto a respecto do pasado ano. Cineuropa, que escala oito posicións, fica en segundo lugar, mentres o Festival Noroeste Estrella Galicia mantense no terceiro posto. O Festival Sinsal (+2 postos), o Resurrection Fest (+2) e o Teatro Rosalía de Castro (-3) comparten a cuarta posición, mentres o marco baixa tres e fica sétimo, seguido polo CGAC co mesmo descenso. O MAC queda noveno e a Cidade da Cultura, cun menos, ocupa a décima posición nesta escala.

Ranking do mellor do ano en Galicia do Observatorio da Cultura
Ranking do mellor do ano en Galicia do Observatorio da Cultura

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito