Un total de 28 finalistas compiten na IX edición de Youtubeiras+

O certame de contidos dixitais entrega o 7 de febreiro os premios dunha xeira que bateu marcas de participación

21/1/2026 | Santiago. Redacción | Seccións: linguacomunicaciónaudiovisual
88 lecturas | Compartido 0 veces

A organización novena edición de Youtubeiras+ daba a coñecer este 20 de xaneiro a listaxe de propostas que optan a se facer cun galardón na novena xeira deste certame. Un total de 28 finalistas compoñen a listaxe nesta convocatoria que pretende recoñecer os contidos en galego nas diferentes redes sociais. A selección realizouse entre un total de 126 canles que se presentaron a concurso, cifra que supón unha marca na historia do certame.
O Teatro Jofre, en Ferrol, acollerá a gala de entrega o vindeiro 7 de febreiro. En total repartiranse 7.500 euros entre as sete categorías dos galardóns, que por vez primeira se abriron a contidos realizados en calquera plataforma en liña. Deste xeito, Instagram foi a rede social que acumulou unha maior presenza, cun total de 81 contas distintas a concurso.

Mónica Valencia, técnica de Normalización Lingüística do Concello de Ourense; Jon Amil, médico e presidente da Associaçom Galega da Língua (AGAL); Carlos Pereiro, xornalista e comunicador de videoxogos; María Rúa, creadora de contidos e gañadora do Premio á Creación de Contidos de 2024, e Uxío Broullón, ilustrador e deseñador gráfico, foron as persoas responsables de seleccionar os traballos finalistas e encargaranse tamén de votar as propostas gañadoras.

Os servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Carballo, Ferrol, Moaña, Narón, Oleiros, Pontevedra, Rois, Santiago de Compostela e Teo, das universidades de Santiago, A Coruña e Vigo e mais da Deputación da Coruña coordinan esta iniciativa.


Finalistas dos IX Premios Youtubeiras+
Premio á Creación de Contidos
Aradeira de Súa (Ribeira)
Konachadas (Concello de orixe: Viveiro, na actualidade reside en Rois)
@adochinto (Porto do Son e Santiago de Compostela)
@miguelblesta (Brión)

Premio á Mellor Canle
antontisimo (@ant0ntisim0) (Burela)
carlotaghatos (Melide)
Rodri Míguez (Redondela e Bueu)
Rogelio Santos Queiruga (Porto do Son)

Premio ao Mellor Pódcast
A ferida aberta no 36 (Santiago de Compostela)
Diversos Pódcast (Ribeira)
Fóra de Mapa Pódcast (Meis e Vigo)
Prendidísima (Santiago de Compostela)

Premio á Calidade Lingüística
daviidraamos_ (Cariño)
@diegoauxx (Vigo)
LongaLingua (Santiago de Compostela)
@patriiotero (Santiago de Compostela)

Premio Revelación
@langrans_ (Ourense)
Mareando o xogo (Malpica de Bergantiños, Costa da Morte)
@miradenovo (Bueu)
O búnker debuxos (Ferrol)

Premio Rede
ChutenMeme (Santiago de Compostela)
Descifrando a Historia (A Caniza)
Galiactiva (Ourense)
Noticias Dispersas (Ourense)

Premio do Público
«Cada historia, unha vida». 25N no CEIP de Tarrío, de Xurxo Varela (Culleredo)
«Caldo de repolo», de Pakolas. Música infantil en galego, de Pakolas (Oleiros)
FICACOABOLA NUNS CUARTOS DE FINAL DE CONFERENCE LEAGUE | O noso blog máis especial con Miki Villar!, de Fica Coa Bola (Pontevedra e Santiago de Compostela)
Os Bolechas van a servizos sociais, de ChutenMeme (Santiago de Compostela)

Universo culturagalega.gal