Catro nomes do audiovisual galego optan aos 39 Premios Goya

Luís Tosar é candidato ao galardón a mellor actor de reparto e Lucía Veiga compite polo de actriz revelación

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Persoas candidatas aos premios Goya 2024. Fonte: Facebook da Academia Galega do Audiovisual

Persoas candidatas aos premios Goya 2024. Fonte: Facebook da Academia Galega do Audiovisual

A Academia de Cine española daba a coñecer este 18 de decembro a listaxe de propostas que optan a se facer cun dos galardóns na 39 xeira dos Premios Goya. Entre estas, catro nomes do audiovisual galego compiten en diferentes categorías nos principais recoñecementos do sector a nivel estatal.

Nelas, destaca a candidatura de Lucía Veiga ao galardón á mellor actriz revelación polo seu traballo en Soy Nevenka. Canda a ela, Luís Tosar pode facerse co premio ao mellor actor de reparto polo seu traballo en La infiltrada.

Carlos Amoedo, nomeado ao premio á mellor dirección de produción por Segundo Premio e mais a candidatura a mellor curtametraxe de animación de Lola, Lolita, Lolaza, producida por Chelo Loureiro , completan a listaxe. A gala de entrega dos galardóns celebrarase o vindeiro 8 de febreiro no Palacio de Congresos y Exposiciones de Granada.

Que che parece esta nova?
117 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Premios Goya, Luís Tosar, Cine, Animación...

Claves

Protagonistas
Lugares