Exposición conxunta de Buciños pai e fillo en Ourense

A mostra 'Buciños + Buciños' ofrece este encontro artístico familiar interxeneracional ata o 5 de abril

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
Obra de Buciños

Obra de Buciños

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle ata o vindeiro 5 de abril a exposición 'Buciños + Buciños', unha proposta singular promovida pola Deputación Provincial de Ourense, que reúne a obra do escultor Buciños (1938) coa do seu fillo, Antón Buciños, nun diálogo interxeracional pouco habitual no ámbito expositivo pero que xa ten algúns precedentes en Galicia como a que en 2012 presentara as obras de Jaime Quessada e Xaime Quesada Blanco na Casa da Parra de Santiago de Compostela.

Na obra artística de Buciños pai predominan as pezas de bronce, pero tamén presenta algúns traballos realizados en madeira e en pedra. Como novidade na exposición que desde hoxe acolle o Centro Cultural Marcos Valcárcel, hai varias figuras que combinan pedra e bronce, contrastando a cor clara da pedra co escuro do bronce (xeralmente abrazándose) e que o artista interpreta como unha chiscadela á emigración e á acollida de persoas procedentes doutras culturas. A obra de Antón Buciños, neste caso, é pintura, óleos sobre lenzo cun marcado carácter abstracto e expresionista onde desenvolve as múltiples combinacións de cores.

Que che parece esta nova?
218 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Buciños, Ourense, Marcos Valcárcel, Centro Cultural Marcos Valcárcel...