Desde o vindeiro 12 de abril e ata finais de xuño a Casa da Parra, en Compostela, acollerá unha exposición que reúne o traballo artÃstico de Quessada e Quesada, pai e fillo. Confluencias. Jaime Quessada / Xaime Quesada Blanco é o tÃtulo da mostra que enfronta e relaciona o traballo dos dous pintores da man de MarÃa Jesús Blanco, viúva de Quessada e nai de Quesada, que comisarÃa canda a Pilar Corredoira. As 32 pinturas que se poden ver na exposición supoñen aproximadamente a metade da produción dos dous creadores, e poñen de manifesto os elementos comúns do universo persoal e creativo dos dous ourensáns. No local pode verse tamén un documental sobre a traxectoria dos artistas.