Inventarian dous novos xacementos en Salvaterra do Miño

O achado produciuse a partir de movementos de terra vinculados á creación de viñedo

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
O xacemento romano. Foto: Asociación Terra Grovii

O xacemento romano. Foto: Asociación Terra Grovii

A Dirección Xeral de Patrimonio catalogou dous novos xacementos arqueolóxicos no concello de Salvaterra do Miño. Os achados déronse coa remoción de terras nun terreo vinculado á creación de viñedos, que fixeron aparecer diferentes materiais de época romana, como tégulas ou cerámica. Un veciño da zona, Sergio Domínguez, alertou da aparición destes restos e comunicoullos á asociación Terra Grovii, quen se puxo en contacto con Patrimonio. Tras unha visita á zona, os técnicos inventariaron o novo xacemento e outro máis, o Coto dos Ladróns, onde aparecen materiais paleolíticos, e que xa fora localizado no seu día polo arqueólogo Alberte Reboreda.

Que che parece esta nova?
203 lecturas 1 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Miño, Dirección Xeral de Patrimonio, Arqueoloxía

Claves

Conceptos
Lugares