Un equipo do Grupo de Estudos de ArqueoloxÃa, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo (GEAAT) finalizou a campaña no castro de Santa LucÃa, no concello ourensán de Castrelo de Miño. Entre os numerosos achados do castro destaca unha cabana circular de época castrexa pero tamén un lagar rupestre que puido ser datado en época romana pola aparición en contexto arqueolóxico, entre outros materiais, dunha moeda do século III d.C.. O achado é especialmente importante porque a maior parte dos lagares rupestres non se puideron datar ata o momento pola dificultade de atopar materiais que ofreceran unha cronoloxÃa. O achado revela unha longa tradición do cultivo do viño na zona.