Descúbrense en Vigo novos achados romanos

As catas realizáronse nos terreos dos futuros aparcadoiros do Areal e de Rosalía

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

O pasado de Vigo segue a revelar as súas pegadas. As catas arqueolóxicas realizadas nos terreos onde se instalarán os futuros aparcadoiros do Areal e mais de Rosalía de Castro deron como resultado a aparición de restos da época romana. Queda agora pendente que a Dirección Xeral de Patrimonio determine unha ampliación dos estudios, o que podería provocar atrasos nestas obras. A zona na que apareceron os restos do Areal posúe un grande potencial arqueolóxico e xa no pasado apareceran diferentes estruturas de manufactura romana.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Rosalía de Castro, Dirección Xeral de Patrimonio, Arqueoloxía

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares