Vigo musealizará os restos do Castro

As Saíñas do Areal abrirán a finais deste mesmo mes

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O investimento dun millón de euros por parte do Concello permitirá recuperar os restos arqueolóxicos do Castro, en Vigo. Segundo explicou a concelleira de Patrimonio Histórico, Helena Maure, o proxecto prevé reconstruír tres cabanas que amosen o xeito de vida castrexo. Ademais, un paseo amosará os diferentes restos e unha maqueta permitiralle aos invidentes coñecer o conxunto. Tamén se abordarán novas escavacións e medidas e protección para o castro. Outro grande depósito de Vigo, as saíñas romanas do areal, abrirán ao público, xa musealizadas, a finais deste mes. O novo centro, que levará o nome Salinae, foi desenvolvido pola Consellaría de Cultura, que fixo un investimento de 1,4 millóns de euros.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo

Claves

Lugares