As saíñas de Vigo abriranse ao público en xaneiro

A Consellaría de Cultura investiu preto de millón e medio de euros no proxecto

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Son as saíñas de evaporación solar máis antigas que se conservan da época romana e viron a luz de xeito casual, nas obras de construción do centro de Saúde en Vigo. Desde entón, a Consellaría de Cultura investiu preto de millón e medio de euros para a súa posta en valor e proxecto museístico. O Centro Arqueolóxico do Areal permitirá facer un percorrido pola saíña e dar a coñecer como era a técnica de obtención de sal e os usos que lle daban os romanos na súa vida cotiá. O depósito, que foi visitado pola Conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, abrirá ao público en xaneiro de 2009.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Ánxela Bugallo, Arqueoloxía

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares