Cultura achegará 640.000 euros á musealización das saíñas romanas de Vigo

O sal da historia

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
A posta en marcha dun proxecto museolóxico, que custará 250.000 euros e as obras de acceso e acondicionamento, orzamentadas en 390.000, son as actuacións que a Consellaría de Cultura prevé iniciar nas saíñas romanas descubertas en Vigo. A conselleira, Ánxela Bugallo, canda ao director xeral de Patrimonio, Felipe Arias, presentan esta mañá en Vigo o proxecto, que pretende fornecer unha completa información sobre a industria da salgadura e mais a Cidade Olívica da época romana. Está previsto que a proposta estea rematada para finais do ano 2007.

Máis información no web da Consellaría

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Ánxela Bugallo, Cidade Olívica

Claves

Protagonistas