Descubren en Baiona o maior depósito arqueolóxico submarino de Galicia

Un tesouro mergullado

31/3/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
21 lecturas | Compartido 0 veces
Son restos que abranguen desde a época romana ata o século XIX. Unhas 35.000 pezas, na súa maioría posteriores so século XVI, apareceron nas catas arqueolóxicas que se realizaron para as obras de ampliación do porto de Baiona. Segundo Miguel San Claudio, responsable desta investigación, este é o maior depósito recuperado e posto a disposición do público no noso país. Os restos confirman a grande actividade comercial do porto neste período. Nunha visita a vila, o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, amosou a súa disposición a que boa parte do material se exhiba no futuro Museo da Navegación local.

Universo culturagalega.gal

Universos

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares