A ampliación do porto de Baiona descobre milleiros de restos baixo o mar

Romanos baixo o mar

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Un depósito de milleiros de pezas que van desde a época romana ata os tempos máis recentes acaba de aparecer nas obras de ampliación do porto pesqueiro de Baiona. Segundo recolle hoxe “La Voz de Galicia”, o equipo de arqueólogos que dirixe Miguel San Claudio está a extraer do fondo do mar varios centos de pezas a diario na zona de prospección, entre os que destacan ánforas, pezas de cerámica ou mesmo un canón que se supón podería datar do século XVII. O Concello xa amosou interese en contar con estas pezas para o seu futuro Museo Naval.

Máis información en La Voz de Galicia; máis sobre patrimonio mergullado nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Baiona, La Voz de Galicia, Culturagalega, Vigo

Claves

Lugares