Os arqueólogos iniciaron onte a busca dun barco romano afundido nas proximidades da Illa de Cortegada. Ese pecio é unha das referencias clásicas da arqueoloxÃa galega. Suponse a súa existencia porque o mar, de cando en vez, desde hai varias décadas, deixa restos romanos nas praias do oeste da illa de Cortegada, hoxe parte do Parque Natural das Illas Atlánticas. O tipo de pezas arqueolóxicas -ánforas ou cerámica terra sigillata, entendida como de luxo- fixo supoñer aos arqueólogos desde principios dos 80 que se podÃa tratar dun pecio romano mercante afundido no século I d.C., o cal reviste un gran valor histórico. O rÃo Ulla, na desembocadura do cal está a illa de Cortegada, ten sido considerado como unha importante vÃa de penetración comercial na Prehistoria e na época romana. De feito, fÃxose unha primeira prospección subacuática no ano 1988 que rescatou abondoso material cerámico. A exploración na procura do pecio será levada a cabo pola empresa Zeta, dirixida por Cristóbal Nodar, e inclúe varridos con radar acuático e inmersións na zona na que se pode atopar o pecio.