Mariña Patrimonio dá a coñecer a primeira mina romana do litoral de Lugo

O complexo podería acadar as 150 hectáreas de extensión

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Sucos da mina romana. Foto: Mariña Patrimonio

Sucos da mina romana. Foto: Mariña Patrimonio

Mariña Patrimonio anunciou a existencia dun importante complexo mineiro romano para a extracción de ouro, ubicado entre os lugares de As Covas (Barreiros) e A Espiñeira (Foz). A existencia da mina, que ten canles, sucos de extracción e grandes traballos de remoción de terra, foi confirmada polo arqueólogo Santiago Ferrer, especialista en época romana. "O complexo podería ter unhas 150 hectáreas e está en moi bo estado", asegura o presidente de Mariña Patrimonio, Manuel Miranda, quen sinalou que o achado se produciu mentres procuraban un castro catalogado por Patrimonio na área.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mariña Patrimonio, Lugo, Ouro, Barreiros...

Claves

Entidades
Conceptos