O pleno do concello de Quiroga solicitará a declaración de Patrimonio da Humanidade para o complexo mineiro de Montefurado, que comprende dous túneles romanos do século II d.C. que desviaron o curso do rÃo Sil. Unha louseira pretende abrir unha canteira na zona que, segundo o edil do BNG Xavier Castro, pode danar coas explosións o complexo arqueolóxico. O alcalde precisou que os túneles xa están protexidos por Patrimonio pero apoiou a moción de ampliar a área de protección.