Localizan posibles lagares rupestres en Valdeorras

Atópase en Vilamartín de Valdeorras

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Valdeorras comeza a sumar tamén lagares rupestres á crecente lista de xacementos localizados nos últimos anos nas antigas comarcas vitícolas de Galicia. Neste caso Mario Yáñez, localizou un novo lagar rupestre nuns terreos da súa propiedade na parroquia de A Portela, en Vilamartín de Valdeorras, onde comezara as obras para prantar un novo viñedo. Alí atopou dous posibles lagares rupestres, tallados nuns afloramentos de ollos de sapo, que permitían o pisado das uvas. Yáñez puxo o achado en coñecemento de Pepe Fernández, presidente da sección de arqueoloxía do Instituto de Estudos Valdeorreses. Nas proximidades dos lagares aparecen restos de tégulas -a tella plana chegada a Galicia en época romana. O achado suma novos lagares ao achado na serra do Larouco hai uns anos e, aínda que non é posible polo momento concretar a cronoloxía, suma Valdeorras ás comarcas do Ribeiro e Monterrei, onde nos últimos anos están a aparecer numerosos xacementos deste tipo.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Valdeorras, Arqueoloxía, Monterrei

Claves

Conceptos