Eira de Cera no Covelo. Fonte: USC
Os lagares de cera, espazos empregados para extraer este material das colmeas, son un tipo de construción que resulta pouco habitual que se conserve en Europa. Agora, un estudo desenvolvido desde a Universidade de Santiago de Compostela (USC) localizou un total de 14 elementos deste tipo no noroeste da Península Ibérica, cunha importante presenza galega.
A análise, que asinan o profesor da Facultade de Administración e Dirección de Empresas, Damián Copena, a investigadora da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, Mariam Ferreira Golpe, e o investigador independente Diego Copena Rodríguez, foi publicado en ERPH_revista electrónica de patrimonio histórico co título "Patrimonio industrial apícola cerero en el noroeste peninsular: los lagares de cera de prensa de viga".
Os datos revelan o interese por conservar este patrimonio en determinados lugares como no Covelo, onde a comunidade de montes de Paraños desenvolveu un centro de interpretación do que posúe. Pola contra, en moitos casos estes espazos atópanse abandonados e nun estado de conservación deficiente.
O estudo incluíu a localización destes elementos mediante consultas documentais e recollida de memoria oral, así como visitas presenciais aos mesmos. Como resultado destes traballos elaborouse unha base de datos que compila "os elementos do patrimonio do prensado e branqueo de cera de abella que se lograron identificar", segundo informa a USC.
A investigación apunta a existencia e dúas clases principais de lagares. Uns primeiros de grande tamaño, e que contan cunha edificación propia, como os de Paraños, Robledo, Torre de Moncorvo, Forcarei ou Lamosa, chegan a ocupar uns 50 metros cadrados coas súas instalacións. O segundo tipo corresponde a instalacións máis pequenas e sen edificios.