Mil cincocentos afeccionados à informática reuniranse en Compostela desde hoxe e ata o domingo na terceira edición do Xuventude Galicia Net, o principal encontro deste tipo no noroeste peninsular. Este encontro, organizado pola ConsellerÃa de Familia, incluirá presentacións de productos informáticos, torneos de xogos e outras actividades. Hoxe coñecemos tamén que Compostela será a sede da sexta edición do Salón MITE&PCWorld Expo 2002, que ata o de agora se celebraba en Silleda.
Xuventude na rede
Mil cincocentos mozos e mozas cos seus respectivos equipos informáticos achegaranse ó Pazo de Congresos e Exposicións de Compostela para participar durante tres dÃas no III Xuventude Galicia Net. Este encontro, organizado pola ConsellerÃa de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, está a consolidarse como o principal encontro do paÃs, chegándose nesta edición a recibir trece mil solicitudes para participar.
Dos mil cincocentos inscritos só a metade provén de Galicia, sendo os demais do resto do estado, de Portugal e mesmo, nalgún caso de sudamérica.
Os participantes poderán gozar este ano de videoconsolas instaladas por todo o recinto, ademais de poder participar nos torneos dos xogos Warcraft, Counterstrike, Unreal e Quake III.
Ademais de xogos haberá conferencias sobre seguridade na rede, creación de videoxogos ou novos sistemas operativos. Entre os actos previstos inclúese a mesa redonda "Perdidos na rede a un e a outro lado do Miño", no que se falará sobre a situación de Internet en Galicia e en Portugal.
MITE en Compostela
O Salón MITE&PCWorld Expo 2002 que se viña celebrando desde o seu nacemento no Recinto Ferial Semana Verde de Silleda desenvolverase na súa sexta edición no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago.
Esta mudanza de ubicación prodúcese ó aveiro do convenio asinado o pasado ano entre o Concello de Santiago e a Fundación Semana Verde para compartir o aloxamento de congresos e ferias. Nesta ocasión primouse a maior dispoñibilidade de salas do Pazo de Congresos e Exposicións necesarias para un encontro eminentemente profesional no que non ten tanta importancia a superficie de exposición.
O salón, que se desenvolverase entre o 26 e o 29 de xuño, é considerado o máis importante do noroeste peninsular, e o terceiro máis destacado do estado. Na anterior edición visitaron Silleda unhas 25.000 persoas e 180 empresas de tecnoloxÃas da información e da comunicación provintes de vinteun paÃses de todo o mundo.