O Xuventude Galicia Net muda de lugar para incrementar a participación no seu décimo aniversario

O encontro desenvolverase no Multiusos do Sar en Santiago

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:

É o encontro informático máis numerosos que hai en Galicia. E este ano fixo cambios no esquema tradicional para aumentar as prazas: dunha banda mudou de sitio para acoller máis usuarios e, da outra ampliou a idade ata os 35 anos. Aínda así, as prazas esgotáronse nunha mañá. O Multiusos do Sar será o escenario para este encontro terá actividades para inscritos e outras externas para todo o público entre o 3 e o 5 de abril. Un campionato de Robótica, torneos oficiais de xogos, concursos, palestras e mesas redondas relacionadas coa informática, a robótica e a tecnoloxía, fan parte deste programa que pretende popularizar a tecnoloxía entre os mozos.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sar, Tecnoloxía, Xuventude

Claves

Lugares