Xuventude Galiza Net pasará de 1.500 a 4.000 prazas na súa vindeira edición

Unidos polo procesador

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

É a “party” informática máis grande que se celebra no país e este ano cubriu as 1.500 prazas que ofreceu no Pazo de Congresos de Santiago. Na edición do vindeiro ano, a organización trasladará o evento para un recinto máis grande, o Multiusos do Sar, de cara a conseguir xuntar a 4.000 rapaces afeccionados á informática e multiplicar o aforo actual. Os inscritos foron nun 90% homes e, maioritariamente, galegos. Desta volta, polo Pazo de Congresos pasaron máis de 42.000 persoas, segundo a organización, e celebráronse os xa tradicionais concursos de creación de sitios web, personalización de carcasas de ordenador, competicións de xogos en rede e certames de fotografía e vídeo.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sar, Xuventude, Fotografía

Claves

Lugares