Arrinca en Santiago a undécima edición do Xuventude Galicia Net

A Xunta pretende crear unha rede de festas informáticas no noso país

| Santiago. Redacción | Seccións: TecnoloxíaSociedade
Compartir:

O pazo de Congresos convértese, desde hoxe, nunha gran festa informática. Ata o domingo desenvólvese unha nova edición do Xuventude Galicia Net (XGN), unha plataforma na que as empresas dan a coñecer os últimos avances tecnolóxicos ademais de, segundo o web do encontro, “para potenciar o software libre”. Entre as novidades deste ano deste ano, os obradoiros serán de portas abertas, de tal xeito que non só poderán participar os usuarios inscritos. Malia que o XGN é o encontro máis antigo dos que se celebran en Galicia, non é o único (“Arroutada Party” da Coruña, a “Kutruparty” na Estrada, a “Arousa Party” en Vilanova de Arousa, ou “Ludus Party” de Lugo entre outros), polo que a Xunta pretende crear unha rede de “partys” galegas co obxectivo de “potenciar a formación continua nas novas tecnoloxías”.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xuventude, Arousa, Vilanova, Lugo

Claves

Conceptos