A movida coruñesa será un tanto distinta estes dÃas. Por unha banda porque durará catro dÃas e catro noites, e en segundo lugar porque en vez de ir de bar en bar, os mozos non sairán do Coliseum. É a novena edición da "Arroutada Party", a segunda festa informática máis veterana da España e que espera concentrar a uns mil afeccionados ata o vindeiro domingo. Xogos, programas, foros e uns premios valorados en tres millóns de pesetas constitúen os principais reclamos para este maratón informático.
Todo está case preparado
Metros e metros de cabo se estenden a estas horas no interior do Coliseum de La Coruña. Son os preparativos previos á novena edición da "Arroutada Party" da Coruña que comeza mañá e que se prolonga ata o vindeiro domingo. Catro dÃas nos que preto duns mil participantes se achegarán cos seus equipos ata o recinto coruñés para participar no maratón informático. Un programa que trae a asociación Amiga (Asociación da Mocidade Informática Galega) en colaboración co Concello, a Xunta, Telefónica e CaixaGalicia.
E para iso está se preparando 200 mesas de conexión eléctrica e unha rede de transmisión de datos cunha capacidade 1.700 veces máis potente que a que hai nunha vivenda; e que estará manexada por un equipo de informáticos que velarán pola súa seguridade ante o posible ataque de piratas informáticos.
Programa e premios
O máis atractivo da novena edición desta singular "Party" é a abultada cantidade que a organización ten destinado para os premios. Son case tres millóns de pesetas que están repartidos en premios en metálico e en productos informáticos. Para iso está preparado un programa moi completo que se divide en concuros e actividades de lecer. Entre as probas que teñen premio destacan iniciativas como as de crear "demos" e "intor", compoñer melodÃas, programar animacións en dúas ou tres dimensión ou versións de xogos en rede de estratexia e batalla. E para que o sono non baixe o ritmo do maratón polas noites, proxectaranse dúas produccións infográficas en pantallas xigantes.
Historia da festa
A "Arroutada Party" gábase de ser a segunda maratón informática máis importante e coñecida de España. Un foro no que durante catro dÃas se concentran xentes chegadas de múltiples zonas, sobre todo o PaÃs Vasco, Cataluña e Madrid.
Desde aquel 1992, o maratón mudou a súa sé, o seu número de participantes e a súa organización. Lonxe quedan aqueles tempos no edificio de servicios múltiples de O brgo, que despois foi ó Parque Europa ata que o número de participantes se multiplicaron por vinte e se trasladou ó Coliseum.