"Noites vivas" e "Noites abertas" son os dous programas cos que Vigo e Pontevedra, respectivamente, pretenden diversificar a oferta cultural para as noites. Uns programas que teñen en común ser organizados dende o concello, coa colaboración de diferentes asociacións e co obxectivo de ofrecer ós mozos propostas diferentes á movida tradicional.
Noites vivas en Vigo
FotografÃa, internet, teatro, juegos de rol, maxia, cine, deportes, clases de baile e diferentes obradoiros foron as principais actividades do programa "Noites vivas". Un plan que dende o pasado 24 de novembro ofrece unha alternativa diferente polas noites á movida viguesa. As "Noites abertas" de Vigo rematan este venres co concerto de Siniestro Total que se celebrará o venres ás 11 no pabillón de As Travesas. Un concerto ó que se poderá asistir de balde, previa recollida das invitacións na Casa da Xuventude, na concellalÃa de Deportes e no propio pabillón ata unha hora antes do concerto. Un espectáculo no que a formación interpretará cancións de "A historia del Blues", o que é o seu último traballo.
E noites abertas en Pontevedra
Co obxectivo de promover un lecer alternativo as noites de movida habituais, o Concello de Pontevedra, en colaboración con 50 asociacións culturais, Coca-cola e PlayStation 2, acaba de presentar unha nova edición das "Noites abertas" de Pontevedra. Un programa que este ano se desenvolve en dous perÃodos: o primeiro en xaneiro, febreiro e marzo, e un segundo en abril e maio. A principal novidade desta edición 2001 está na diversificación tanto de actos como de lugares. Banda deseñada, danzas, bailes para minusválidos, fotografÃa, aeróbic, baloncesto, cociña e un obradoiro sobre sexualidad son algunhas das actividades que se desenvolverán nos espacios tradicionais ademais, da Casa da Luz na praza da Verdura, o edificio sociocultural Sor LucÃa, o local da asociación de veciños PontemuÃños de Lourizán e as piscinas municipais de Campolongo. Este ano orzamento global ascende a 12 millóns de pesetas, dos que 5 proceden do Plan Nacional de Drogas, de fondos decomisados ó narcotráfico.