As Rías Baixas, Compostela e a Coruña son os grandes focos de atracción turística

O IGE publica o indicador da intensidade da demanda turística

| Santiago. Redacción | Seccións: Turismo
Compartir:
Noites en aloxamentos turísticos en relación ao total de Galicia segundo o destino turístico. Ano 2012. Fonte: IGE

Noites en aloxamentos turísticos en relación ao total de Galicia segundo o destino turístico. Ano 2012. Fonte: IGE

A demanda turística non está distribuída homoxenamente polo territorio. A maior parte dela está concentrada nas Ría de Arousa, a de Vigo e Baixo Miño, e as áreas metropolitanas de Compostela e A Coruña. Estas zonas van concentrar o 64,1% de todas as noites contratadas en Galicia en 2012. Os seguintes destinos en importancia son: a Ría e Terras de Pontevedra (co 7,2% das noites), Lugo e Terra Chá (5,6%), a área de Ferrolterra (4,4%), a Mariña Lucense (3,5%), Terras de Ourense e Allariz e a Costa da Morte (co 3,4% e 3,1% respectivamente). As zonas orientais da provincia de Ourense son as que rexistran menos ocupacións.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Ourense, Rías Baixas, IGE...