A Costa da Morte deseña paquetes turísticos para os voluntarios do Prestige

Unha rede social e visitas organizadas complementan a oferta para o décimo aniversario da catástrofe en 2012

| Santiago. Redacción | Seccións: SociedadeTurismo
Compartir:
A Costa da Morte deseña paquetes turísticos para os voluntarios do Prestige

Baixo o título de "Galicia en cor. Rede de reencontros", a Asociación Profesional do Sector Turístico da Costa da Morte está a promover para o 2012 unha oferta turística específica para aqueles voluntarios que no 2002 acudiron ata o litoral galego para afrontar a limpeza da contaminación do Prestige. Paquetes de estancias de tres días, visitas organizadas ás zonas e ao resto de recursos turísticos da Costa da Morte, agasallos "simbólicos" e unha rede social que permite conectalos entre si serán os principais elementos deste programa que recupera o naufraxio do buque dez anos despois dos feitos. A Asociación de Turismo da Costa da Morte pretende con ela desestacionalizar a oferta turística de Galicia e instar á creación de espazos nos que se trate de xeito específico o "turismo de catástrofes".

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Morte, Costa da Morte, Prestige, Turismo

Claves

Lugares