
A Asociación Cultural Universidade Cromática das Virtudes e mais o grupo de innovación docente da Facultade de SocioloxÃa da Universidade da Coruña organizan este encontro no que será o alumnado deste ciclo o encargado de dialogar con persoas que viviron en primeira persoa a marea negra.
Na iniciativa presentarase o Arquivo Vivo da Asociación Cultural Unha Gran Burla Negra e desenvolveranse diferentes encontros con persoas afectadas por esta catástrofe en cada unha das localidades. Este obradoiros anuais "queren practicar e indagar formas de docencia e investigación sustentadas nun compromiso ético, feminista e ambiental".