A Universidade cromática de Corcubión volve a convocar a súa "Filosofía para veraneantes"

O ciclo de conferencias celébrase do 30 de xullo ao 3 de agosto

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Xa é a terceira edición da "Filosofía para veraneantes", que se celebra en Corcubión, na Capela das Virtudes, organizada pola Universidade Cromática das Virtudes. Desta volta, o ciclo está integrado por cinco conferencias de temática moi variada. O activista cultural Manuel Amigo falará o luns 30 de xullo sobre "O espazo e o común: reconstruíndo resiliencia". A correspondente en Bruxelas da TVG, Sabela Romar, faráo o martes 31 sobre "Como constrúen os seus relatos os medios de comunicación". Pola súa banda, o mércores día 1 Eva Garea Traba e Miguel Vázquez Freire achegaranse á ética do amor e o xoves 2 Ricardo Rodríguez de Rávena defenderá: "Por unha política do común en tempos de privatizacións". O venres 3 pecharase coa participación de María Bella, doutora en coñecemento curatorial, acompañada por Manuel Sendón e o poeta Miro Villar "para explorar algúns dos imaxinarios dende os que Andar as crebas: por unha estética da existencia".

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Filosofía, Corcubión, Miro Villar, Miguel Vázquez Freire...