A súa programación cultural celébrase nunha antiga capela desacralizada. Promoven encontros entre a filosofÃa e o resto das artes e estes dÃas proxectan sobre o antigo altar pelÃculas do Dogma'95. Son a Universidade Cromática das Virtudes, unha singular asociación cultural no seo de Corcubión.
"O noso nome é totalmente azaroso", asegura Sergio Cernadas, presidente da Asociación Cromática das Virtudes, "un dos integrantes asignou ese nome e logo o resto pelexamos por darlle sentido. Realmente, das virtudes prescindimos bastante, pero o de cromática ten máis sentido porque xuntamos a ente que proviña de diferentes disciplinas e entre todos formamos unha especie de escala cromática".
Esta agrupación constituiuse hai tres anos en Corcubión, a súa base de operacións, con incursións puntuais á veciña vila de Cee para un encontro de filosofÃa e música. Eles ven a Costa da Morte coma o seu lugar de actuación. "É interesante facer cousas nos lugares nos que non ocurre nada", reflexiona con retranca Cernadas, en clara alusión á escasa programación cultural dos concellos da Costa, "cando pensamos naqueles encontros sobre filosofÃa e música queriamos titulalos: Asà soa Siberia".
O pensamento como eixo
Un dos elementos que diferencian claramente a esta Universidade Cromática doutras iniciativas culturais é o seu posicionamento ao redor da filosofÃa como campo de debate e reflexión. Varios dos integrantes do grupo estudan ou imparten filosofÃa pero ademáis están conectados. En Galicia hai uns tres ou catro colectivos de cerna filosófica nos seus eventos cos que se colabora de xeito pouco formal, acudindo reciprocamente aos eventos os uns dos outros. Cun deles, o Grupo Axóuxere de Rianxo, estase a preparar unha edición de textos dos últimos Encontros, dedicados aos saberes populares.
A resposta do público
A asistencia dos veciños de Corcubión á programación cultural non é masiva, pero si constante. Aos encontros de filosofÃa acuden entre 10 e 15 veciños, que este ano complementouse, para sorpresa da organización, cun grupo de entre 15 ou 20 asistentes doutras partes de Galicia, "o cal fomentou moito a participación". Cernadas avalÃa: "polo momento non conseguimos resultados moi alentadores, porque a xente que vive fóra considera a fin de semana un tempo de lecer". Pero iso non os frea.
A Capela do Pilar, un espazo autoxestionado
Un dos elementos máis caracterÃsticos da Universidade Cromática é a súa sede social, a Capela do Pilar, edificada nos anos 30. Propiedade do concello, a asociación conseguiu convertila en sede e salón de actos despois de varias décadas de azarosos destinos como almacén da Feira Medieval de Corcubión, e tras presentar unha programación cultural de case un ano. A capela, desacralizada, é hoxe espazo de reunión, cinema e salón de actos.
O feÃsmo, vindeiro proxecto
A asociación xa traballa no seu vindeiro proxecto, "unha intervención máis polÃtica". Para Serxio Cernadas, "en Corcubión está aflorando o tema do feÃsmo". A asociación quere documentar o feÃsmo de Corcubión e reunilo nunha única exposición que permita observar a súa dimensión total, e creando un roteiro do feÃsmo para coñecer as principais falcatruadas. "A maior parte da xente, mesmo de Corcubión, pensa que a vila é a igrexa do século XIII, e non se dan conta de todo o feÃsmo que está polo concello".
Nos vindeiros meses, a asociación tentará seguir dándolle senso ao seu estraño nome a través de actividades e publicacións. AÃnda que non as procuran nin as queren definir, Virtudes si que teñen.