As conclusións ás que chegou a investigación do proxecto Na busca do Captain están xa dispoñibles na rede. Esta iniciativa consiste nun proceso de pescuda "para coñecer, e tratar de atopar, o HMS Captain, un acoirazado inglés naufragado preto de Fisterra no 1870", no que se considera o maior naufraxio da Costa da Morte, con só 18 supervivintes dunha tripulación de 500 mariños.
A produtora audiovisual de ordes Tex45 é a responsable deste traballo, para o que contou co apoio do programa de subvencións a entidades lucrativas para a produción de proxectos singulares de especial interese cultural da Deputación da Coruña.
O barco, considerado no seu momento a xoia da coroa da Royal Navy británica, recollÃa todos os avances de deseño naval do momento e a súa desaparición supuxo un grande impacto, tanto no seu paÃs de orixe, onde o suceso motivou unha corte marcial, como na área do naufraxio, que acolleu os escasos superviventes.
As conclusións que agora se presentan, en formato texto e audio, repasan, "a través de entrevistas a expertos, mariñeiros, veciños e a través dunha labor de investigación documental", facer "un relato fiel do suceso desde múltiples puntos de vista, e tamén acotar unha zona do mar na que, cremos, poden estar os restos" do navÃo.
Memoria de conclusións de Na busca do Captain
Para alén da análise deste caso, o proxecto achega tamén no seu web información sobre a orixe do topónimo Costa da Morte, rexistrado por vez primeira nun xornal galego en 1904, e sobre outros naufraxios acontecidos na zona.