Arrinca en Santiago unha nova edición do Xuventude Galicia Net

As 1.500 prazas ofertadas esgotáronse en tres minutos

| Santiago. Redacción | Seccións: Tecnoloxía
Compartir:

A party informática máis coñecida de Galicia xa está en marcha. O Xuventude Galicia Net arrincou hoxe en Santiago no Pazo de Congresos e de Exposicións coas 1.500 prazas ofertadas esgotadas en tres minutos. Obradoiros, charlas, grupos de discusión, actuacións e concursos que se sucederán de xeito ininterrompido ata o vindeiro domingo. Malia que ten un aspecto eminentemente lúdico, existe un compoñente profesional, xa que as empresas aproveitan este tipo de citas para buscar talentos entre os asistentes.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xuventude, Exposicións

Claves