Arranca no Multiusos do Sar a décima edición do Xuventude Galiza Net

O encontro amplía a idade dos participantes ata os 35 anos

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:

Concursos, palestras e mesas redondas relacionadas coa informática, a robótica e a tecnoloxía. Estes son os ingredientes da décima edición do Xuventude Galiza Net, a cita da mocidade coa informática que arranca hoxe en Compostela. Este ano, a organización ten previsto darlle un salto cualitativo no apartado da robótica, convocando o primeiro concurso internacional deste tipo baseado na arquitectura Ieee. O encontro, ademais do apartado lúdico, tamén ten unha vertente práctica ao anunciar que poñerán en contacto a preto de mil asistentes con 40 das empresas tecnolóxicas punteiras do país co obxectivo de integralos no mercado laboral. O encontro, que ampliou a idade dos participantes ata os 35 anos, conta con 1.800 inscritos.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xuventude, Sar, Tecnoloxía, Arquitectura...