O encontro Xuventude Galiza Net pretende achegar a informática aos maiores

Para todas as xuventudes

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Ata esta edición o Xuventude Galiza Net era un encontro informático para menores de trinta anos. Sen embargo, a sétima edición deste evento contará cun espazo dedicado ás persoas maiores para que poidan acceder ás novas tecnoloxías a través de actividades específicas. A festa comezará o vindeiro venres 30 de marzo cun amplo programa de actividades que van desde os xogos a concursos e a presentación de novidades relacionadas co mundo da informática e dos videoxogos.

Máis información no web do Xuventude Galiza Net

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xuventude

Claves

Conceptos